1o – En campo de prata un monte de sinople sumado dun sol saínte do monte e un muro amenado de prata.
2o – En campo de prata, movente da destra, unha fervenza de azur, superada de dúas gaivotas de prata; e movente pola sinistra, ata a fervenza, un barranco de sinople cargado de dúas gaivotas voando; campaña de azur. Ó timbre coroa real pechada.
Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia Non se coñece expediente de aprobación.
Imaxe corporativa
A nova imaxe do Concello de Barro simboliza a unión da terra e da auga, xa que son dous elementos da natureza fundamentais para entender Barro como espazo físico e cultural e que definen a nosa identidade.
A imaxe corporativa foi realizada polo músico local: Adrián Silva Magdalena.