Medio Ambiente

Na situación planetaria actual, marcada pola ameaza do cambio climático, resulta máis importante que nunca controlar a pegada que deixamos no medio, así como facer un uso intelixente dos residuos e promover o desenvolvemento sostible.

En Barro presumimos dun magnífico patrimonio natural, cara ao cal temos unha gran responsabilidade.

Xerarquía ambiental da Xunta de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia divídese en catro xefaturas territoriais, cada unha correspondente a unha provincia.

Dentro da Xefatura Territorial de Pontevedra destacan tres servizos, dous deles directamente relacionados co traballo ambiental.

Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental

María Vitoria Moreno, 43 (4a Planta). Pontevedra
Horario: Luns a Venres de 9.00 am a 2:00 pm.
T. 986 805 390 / T. 986 805 399
calidade-ambiental.pontevedra@xunta.gal

Servizo de Patrimonio Natural –
Servizo de Conservación da Natureza

María Vitoria Moreno, 43 (2a Planta). Pontevedra Horario: Luns a Venres de 9.00 am a 2:00 pm.
T. 986 805 469
conservacion.pontevedra@xunta.gal

Algunhas iniciativas ambientais do Concello

Proxecto para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro

Como parte do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible, o Concello cuantificou a pegada de carbono emitida polo municipio en distintas áreas. Entre elas o uso de equipamento, edificios, vehículos, iluminación pública, etc.

A partir desa análise, deseñouse o Plan de Accións que ese impulsará nos próximos anos para reducir a pegada de carbono en Barro. A meta é lograr unha redución do 44% para o ano 2030.

Este Proxecto contou co apoio económico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía Sostible

En marzo de 2019, Barro uniuse ao Pacto das Alcaldías polo Clima e as Enerxías. Para cumprir cos obxectivos do Pacto, foi enviado un Plan de Acción que inclúe unha lista de medidas para mitigar o impacto climático no territorio.

Na web oficial do Pacto de Alcaldías pódense atopar detalles da membresía e acordos asinados por Barro, así como a evolución destes.

Accións pola reciclaxe

O Concello aposta decididamente pola reciclaxe, feito que o levou a facer un gran investimento en ampliar a rede de colectores de todas as fracccións de reciclaxe nos últimos anos.

Hoxe disponse de contedores amarelos para envases, latas ou briks, azuis para papel, para aceite de cociñausado, así como unidades verdes de vidro.

O concello de habilitado un servizo gratuito de recollida porta a porta de enseres voluminosos, para o que só é necessário chamar ás oficinas municipais para concertar unha cita de recollida.

Tamén se está apostando pola compostaxe tanto individual como colectiva, como unha vía para obter abono natural de alta calidade para o chan. Así promovemos unha agricultura sostible e local apoiada no aproveitamento dos biorresiduos como recurso.

Compostaxe

Barro é un concello comprometido co medio ambiente e que fai unha aposta decidida pola reciclaxe de todas as fraccións do lixo. Destas, a máis importante a nivel de peso son os biorresiuos, unha fracción que se pode tratar in situ a través da compostaxe.

Barro está adherido ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e conta cun composteiro comunitario no núcleo urbano e con arredor de 200 vivendas unifamiliares con composteiros individuais, un número que non deixa de aumentar.

Turismo de natureza

Cada vez faise máis imprescindible asumir o turismo de natureza desde unha posición sostible e respectuosa co medio.

Esa máxima guía ao Concello na explotación dos seus parques naturais. Algúns deles xeran boa afluencia de visitantes de determinadas épocas de ano, como o Parque Río Barosa ou o Monte da Chan.

Nesta páxina ofrécese máis información sobre o turismo natural, parques ou sendeirismo en Barro.